MANIFESTO Á OPINIÓN PÚBLICA GALEGA, SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS.
Os galegos e galegas que subscribimos o presente Manifesto dirixido á opinión pública deste País, queremos abrir un debate, aínda sendo conscientes da nosa desesperación, cando as lapas dos incendios están a converter nun inferno miles e miles de hectáreas do noso medio natural. Un debate que poña as condicións para rematar co fume intoxicador, non só dos incendios forestais, senón, antes que nada, que se enfronte ao fume informativo que emana daqueles que obxectivamente son os verdadeiros culpábeis de que a nosa terra sufra por undécima vez á ruína irreversible do noso medio ambiente natural e cunha afectación gravísima a economía dos máis desfavorecidos.
A magnitude do que está a acontecer non ten precedentes; polo número de incendios, polo número de hectáreas asoladas, pola súa tipoloxía criminal, polo número de mortos e polo desastre á hora de enfrontar esta nova traxedia. Pasaron case catro anos do desastre do “Prestige”, e a radiografía puidera ser a mesma; ademais do desastre irreversibel, a opinión pública é arrastrada a través da manipulación do marasmo mediático e politiqueiro, a procurar culpabeis ridículos, para desviar a atención do verdadeiro problema, da verdadeira e única causa. Se daquela se frívolizou de xeito criminal, coa responsabilidade do Capitán do buque, hoxe trabállase o sensacionalismo noxento, creando a figura do “pirómano” perverso que o xustifica todo.
É a nosa obriga como cidadáns galegos, intervir diante desta farsa tráxica e cruel que está a destruír a nosa economía e os sinais de identidade da nosa Nación. É a nosa obriga desenmascarar a aqueles, que sí sacan beneficios deste obsceno espectáculo. Referímonos a aqueles que viven e sustentan este sistema político e socio-económico, que nos impuxo barbaramente, desde moi lonxe do noso país, en nome dun suposto “progreso”, o abandono da economía agraria, gandeira e forestal tradicional, deulle márchame de legalidade a nova política do monocultivo do eucalipto e piñeiro (máis dun millón de hectáreas), e tamén á política do cemento e a especulación. Onte cos encoros do Conde de Fenosa, hoxe no tardofranquismo, coas urbanizacións salvaxes, que tentan reproducir o desastre urbanístico costeiro do mediterraneo español no litoral galego, proxectadas tamén, lonxe de nós, ao marxe dos intereses do noso pobo e da nosa nación; coas vías rápidas e autovías que son construídas ás costas do interes xeral para privilexiar á uns poucos...
Din que agora son as vivendas as que están a ser rodeadas polo monte e mailo lume, cando é claro, dun tempo até á actualidade, que é o monte o que se está a ver rodeado de vivendas e urbanizacións, cunha nefasta e criminal política especuladora.
A gasolina está ciscada nos nosos montes fai moito tempo, cando se permitiu e se permite a plantación masiva do eucalipto e piñeiro, monocultivos agresivos, chamados eufemisticamente, repoboación forestal. Non só a intervención do “pirómano”; do mercenario, ou ignorante provocará a traxedia, a simple casualidade faráa posible, cando é notorio ademais que o 90% dos incendios comezan nunha vía de acceso rodado á masa forestal.
¿Onde está a responsabilidade civil e penal dos responsábeis e propietarios dos monocultivos de piñeiro e eucalipto?. Evidentemente, non existe, nin para o pequeno propietario, nin sobre todo para a grande empresa capitalista que inzou Galicia desta plaga. Nin que falar da responsabilidade civil e penal dos autores intelectuais desta desfeita; os distintos poderes e gobernos desde fai máis de cincoenta anos para acó.
¿Cal é a lexislación que fiscaliza drasticamente a tala indiscriminada do bosque natural, moitas veces castiñeiros e carballos centenarios?. Evidentemente véndese outra cousa ben distinta, e como exemplo, fagamos unha visita ao apeadeiro de RENFE da Escravitude (Padrón).
Estanse rindo da intelixencia da xente, nos nosos fuciños.
¿Cal é a Lei, Decreto, Orde,..., que regule na realidade a limpeza do monte despois dunha tala?. Na práctica calquera sabe que o único que importa é arrancar a madeira e o demais non existe; nin limpeza, nin reposición.
¿Cales foron as medidas rexeneradoras de capa vexetal e franxa arbórea nos lindes das autoestradas, autovías, vías rápidas, estradas...? Nos últimos vinte anos, encheronnos a cabeza de grilos, presentándonos a construcción destas infraestructuras como a solución do atraso económico e abordáronse como trampolín electoral para un pobo atrasado, logrando instalar na conciencia do oprimido e alienado, o binomio asfalto-progreso, cando un exame concienzudo deste tema, inevitabelmente lévanos a conclusión que a construcción das chamadas infraestructuras foron bárbaros atentados ao medio natural. O verdadeiro estudo de impacto sinxelamente non existe ou se amaña, porque quen os fai, e quen os paga, son os mesmos que preconizan estas obras, e xamais se acompañan con medidas rexeneradoras de masa forestal, reposición paisaxística ou harmonización coa natureza.
¿Cales foron as medidas adoptadas en canto ao impacto nos acuíferos e na capa freática, coas salvaxadas agachadas co eufemismo de infraestructuras realizadas nos últimos vinte anos? Ningunha. É unha obviedade que a cantidade de auga na terra, é un factor interrelacionado co manto vexetal e coa posibilidade de espallamento do lume.
¿Cantos incendiarios se téñen detido nos últimos anos, cal é o seu perfil, e a que intereses ou causalidade responderon as súas accións?. Este problema é vello, ninguén nega que como factor minoritario exista o tolo pirómano que actúa pola súa patoloxía, ninguén nega que o atraso cultural leve a obstinación de que algunhas tarefas agrícolas de queima de estrume, se acábe convertendo nun incendio, mais é evidente tamén, e por certo o máis frecuente, que o móbil do incendiario, poida estar vinculado a intereses urbanísticos, madeireiros, políticos, do narcotráfico, etc.. A opinión pública galega debe de saber con pelos e sinais, a verdadeira cara deste terrorismo do lume, dos escuros poderes e intereses que están por detrás.
¿Que medidas “contraincendios” se teñen adoptado pola Administración no inverno para impedir os lumes no verán? Que nos consten, ben poucas. A mellor inversión e a máis efectiva é aquela de prevención durante os meses de chuvia, que son a maioría do ano; outono, inverno e incluso primavera, a limpeza, a preparación loxística, a coordinación cos veciños, os protocolos de actuación, etc..
¿Que nivel de cualificación e preparación teñen os paracaidistas e efectivos do exercito español, para combater os incendios forestais? Como no “Prestige” chega o exército a salvar a humanidade..., simplemente esperpéntico. O lume só o pode combater xente preparada pero sobre todo xente de traballo, os vagos e ociosos, preparados en calqueira caso para ir á Afganistán, non son remedio para nada.
Cando a neglixencia asasina do “Prestige” asolou as nosas costas, varias empresas, (tamén alleas ao noso país), entre elas TRAGSA, sacaron rendemento económico da traxedia. Tamén no monte seguen a sacar partido da traxedia do lume, primeiro a traveso da contratación das “superbrigadas” en lugar de investir na formación do persoal propio. Agora coa contratación urxente de cuadrillas e equipas anti-incendios, dando pasos claros cara unha privatización encuberta deste operativo contraincendios. Mesmamente logo, cando haxa que “rexenerar” a superficie queimada faráno tamén estas mesmas empresas (alleas tamén ao noso pobo e ao noso país), manexando un descomunal volume de negocio.
Así tamén os nosos gobernantes (os actuais e tamén os anteriores), axudados polos medios de comunicación, tentan de criminalizar gratuitamente ante a opinión pública á totalidade das brigadas forestais ante a detención dalgún dos seus membros, cando son estas brigadas as que levan sobre os seus ombreiros o pesimismo e traballo da loita contra o lume en primeiro termo, sen que se invista na formación e capacitación destes traballadores, ou na súa seguridade física, esencial en traballos desta natureza, que fan en condicións case sempre inhumanas, con quendas imposibles e sen avituallamento e locais de aseo axeitados.
A perversión argumental do sistema (Administración e cantos comulgan có réxime vixente), non ten límites. Nos últimos días lemos e escoitamos de todo:
- Que si os membros das brigadas apagalumes “deben de saber galego” (segundo a manipulación do diario “El Mundo”)...: Véselle o talante fascistoide e antigalego a hora de sacarlle punta a tamaña estupidez.
- Que si a Guarda Civil dará recompensas a aqueles que axuden a localizar os pirómanos...: A mesma “benemérita” enséñanos con fotos todo un arsenal de artiluxios para prender lume, “localizados” en diversos lugares onde prendeu o lume.
- Que si o Zapatero promete cartos para indemnizar aos afectados polo desastre,...: e comenzan [ou recorren] de novo ao xogo politiqueiro da declaración de “Zona catastrófica”. Todo parece indicar que o camiño escollido é a do “Prestige”, o Goberno paga, é dicir nós, e as nosas bocas temos que nos calar.
- Que si o mesmo Presidente promete dotar de máis medios para combater os incendios,...: e o Ministro do Interior e adláteres falan de preparar a brigadas do exército para o mesmo cometido, segundo eles; estarán listas no ano 2009.
En definitiva, toda unha campaña sutíl cando non descarada, que leva a amplas capas de opinión, incluso dos mesmos afectados a situar aos incendios como a gran trama da circunstancia, alonxándonos como non, de pensar que a gran trama foi diseñada nos anos corenta polo Patrimonio Forestal do Estado, máis tarde seguida dende o ICONA en aras de engordar a industria da celulosa e os intereses do capitalismo, en detrimento como non podería ser menos da economía tradicional e o que é máis importante do interés xeral.
A única alternativa válida (a única) é devolver ao monte galego ao que foi e ao que tivo que ser sempre, integralo nunha economía agraria sostibel coa explotación racional dos mesmos en harmonía co medio ambiente. O monte non é rentabel para os seus paisanos co sistema actual, pero si é máis que rendibel cunha explotación dimensionada e apoiada polos poderes públicos, porque o interés xeneral depende do monte.
O sistema de propiedade da terra non ten por que ser problema, se o goberno quere e establece o Corpus lexislativo axeitado, doutra banda existen as masas forestais veciñais (comunidades de montes en mán común) que deberan de ser (que hoxe non o son, por estar controlados na súa inmensa maioría polos caciques) a base da cal partir para a súa rexeneración radical.
Porque o monte galego en xeral é moi rendíbel:
Madeira: nogueira, freixo, castiñeiro, carballo, cerdeira, etc..
Froitos: noces, castaña, cereixas, etc..
Gando: Vacún, cabalar, cabuxas, ovellas
Apicultura, caza, micoloxía, pesca fluvial, esparcemento,...
E o que é mais importante; o mantemento da paisaxe e da biodiversidade, a auga, o ar limpo, coa súa extrapolación a unha economía inducida do ocio.
Unha alternativa que é aínda máis viable naquelas zonas máis próximas a Galicia litoral, máis poboada, por razóns infraestructurais e por necesidade da poboación engaiolada en pobos e cidades invivibeis.
Hai que dicir, por último que, desde o punto de vista dos investimentos, sempre será máis barato e doado traballar o monte que dotar a sociedade de medios para a extinción dos chamados incendios forestais. Dicir o contario e sinxelamente demagoxia ou burda e interesada mentira.
Galicia, Agosto de 2006.


111 Comments:
Miña adhesión ao manifesto.
Xabier Fonte (Lugo)
Claro que si, demasido fume para despistar da verdadeira causa que non é outra que a merda de politica agraria que se practica desde fai trinta anos.
Ou custionamos de frente, ou non hai solución.
Que pasou co Prestige? Ao final todo se quedou no negocio do Plan Galicia. Mañán pode volver a pasar e estamos na mesma situación.
Luisa Almuíña Paz - Baiona.
Dende aquí quero amosar a miña total adhesión ó manifesto.
O importante agora e tratar de buscar unha solución a catástrofe do lume. Eu non creo que haxa tanto fume que vos decides, se é que non vos referides ao que está ciscando o PP e afíns.
Por primeira vez a Xunta, ou mellor dito a Consellería do medio Rural, ten unha actuación valente e trasparente.
Hai que unir, e ir a Santiago o domingo con "Nunca Máis".
Miguel Casal, Fene (A Coruña)
Benvido o manifesto e contade con meu apoio expreso.
Claro que eu vou ir a Santiago o domingo, pero non a loubar a Xunta nin a sua politica forestal.
Eu non son dos que creo que a actual política forestal empeorara a que lle precedeu, pero haberia moito que falar.
Ainda que alguns pareceralle trasnoitado e dealle vergonza, eu digo REFORMA AGRARIA XA, o demáis son parches e propaganda.
Domingo Peña (Rianxo)
Adhirome ao "Manifesto Galicia contra o fume".
Si, é hora de centrar un verdadeiro debate, para buscar unha verdadeira solución.
MANOLO CAMAÑO FANDIÑO (Cangas)
Apoio o Manifesto.
Maruchi Alvarez Barreiro. (Xestora Xunta de Montes de Aldán- Cangas)
Miña adhesion ao Manifesto.
Xan Carballo Rodríguez (A Coruña)
Compañeiros/as, adhírome ao manifesto.
Que os gobernantes o pensen ben, non se poden facer políticas mornas en relación coas mafias que impulsa o grande capital e a reacción. Aplicar as súas políticas é tanto como manter a complicidade coas súas tramas. Non se pode ter miramentos coas inmobiliarias que están a anunciar na grande prensa madrileña urbanizacións nas rias baixas e Pisos na capital do reino+chalets na Costa da Morte(ao prezo de un. Basta xá de irracionais políticas forestais e de eucaliptización,basta de mafia do cemento nas nosas costas e montes, Non ao negocio do lume. Defendámonos como pobo. Fagámonos respectar como nación. Defendamos a nosa terra e os nosos montes.
Xosé Collazo Castro. Moaña
Apoio o manifesto
Apoio o manifesto. Francisco Sampedro
En Rianxo xa están sementando herba no monte queimado. Ese é o camiño. Máis solucións e menos lamentacións.
Asino o manifesto.
Xosé M. García Crego
Dou o meu total apoio ó "Manifesto Galicia contra o fume".
Paco Fdez. Rei, desde o Concello de Teo (parcialmente arrasado polo lume)
Apoio o manifesto.
Gemma Novelle Marcos
eis a miña sinatura.
unha aperta camaradas.
BRAIS GONZÁLEZ PÉREZ- SALCEDA
basta de lucrar coas penurias dos povos. basta de lixar as palabras coa falsedade. basta de aburrirnos con verdades a medias. unir a todos os que pensamos mais ou menos así é unha tarefa prioritaria. se non queremos que vivir dea ganas de ghomitar.
Asino o manifesto.
Anxo Angueira.
asino o manifesto.
Apoio o manifesto
X.L. Méndez Ferrín
Apoio o manifesto.
Carme Rois Torrado (Santiago)
Apoio o manifesto
Iola Leal Riesco
apoio o manifesto.
Asino o manifesto
Ana Olveira Blanco (Compostela)
Asino o manifesto
Xesus Castro Buerger(Redondela)
Apoio, no esencial, o manifesto.
Pablo L. Estévez Rodríguez (Lavadores)
Apoio o Manifesto
Gladys Afonso Lobato
(A Coruña)
Apoio o manifesto!!!
Saúde e Ar!
AITOR RIVAS
Comunícovos a miña adhesión e apoio ao Manifesto. Adiante...
Entereime deel na manifestación do domingo en Santiago. Por certo, non me collen noutra, foi unha nova bufonada bloquera para seguir amansando á Nación.
María Xosé Losada (O Carballiño)
Apoio voso Manifesto. En liñas xerais estou dacordo, aínda que voto de menos decir a verdade sobre a xestión do Sr. Suarez Canal.
Carlos Mejuto (Redondela)
Miña adhesión ó Manifesto.
Antón Caamaño. Cee-A Coruña
Estoy de acuerdo con la mayor parte del contenido de este manifiesto, aunque no pertenezco a ningún partido político ni pretendo defender, en este momento, ninguna concreta idea política.
Estas líneas las escribo de forma apresurada y en este momento me guía más el corazón que la racionalidad.
Creo que ninguno de los partidos políticos que han estado y están en el poder en la Xunta han tratado de llegar al meollo de los problemas estructurales que afectan a nuestra querida tierra gallega.
Creo que son muchos los factores que confluyen en la generación de los incendios.
Las ayudas deben ser dirigidas y supervisadas por la Xunta a la repoblación de especies autóctonas y a plantación de viñedos de uva autóctona.
Se debe obligar a los distintos propietarios, con advertencia de expropiación, a limpiar las fincas y bosques de su propiedad, aunque la Xunta, los ayuntamientos y el Estado deben dar ejemplo con sus propiedades. La Xunta debe velar tambièn por el buen estado de los cortafuegos en los montes que, además, deben de ser de mayor anchura a la actual.
Debe establecerse un verdadero plan de ayuda al agro galego que invierta la actual dinámica de despoblación.
Se debe supervisar las actuaciones urbanísticas de los ayuntamientos con una normativa del Suelo cada vez más restrictiva. Se debe formentar la concentración y no la dispersión.
Se deben prohibir las grandes urbanizaciones de cemento y promover las grandes áreas urbanisticas que minimicen el impacto ecologíco y que sean compatibles con el paisaje gallego.
Se debe promover, de una vez por todas, la edificación de la casa típica gallega, de tal modo que se establezcan más de 20 modelos distintos de casa que hayan sido diseñados por conocidos arquitéctos gallegos al servicio de la Xunta para que cada uno pueda elegir entre uno de esos modelos. Sólo el que escoja construir la casa gallega tendrá ayudas económicas. El resto no.
La normativa entorno a tales cuestiones ha de ser más restrictiva dado que la actual en vigor parece no ser suficiente ni, tampoco, efectiva.
Espero que, entre todos, podamos hacer ver estas cuestiones tan evidentes a los políticos que nos representan en el parlamento gallego y que las mismas no sean utilizadas como arma política, sino como vínculos de unión de todos los partidos con el ánimo de asegurar el futuro de Galicia por el bien de todos.
Un cordial saludo,
Arturo Estévez Rodrigo (Abogado).
Asino o manifesto.
Fernando Catrofes, Arteixo.
Apoio o manifesto contra o lume e contra o fume.
¿De onde sacaron o de terrorismo incendiario?
Sospeitoso.
O único terrorismo coñecido é o pracicado por España para desfacer o noso país.
Xavier Abralde Abuín.
Vigo
Miña sinatura o manifesto.
Xela González
Pontevedra
Coma sempre quen máis opina nestas cousas, son os que ata agora sudoulle o noso monte, dígase a nosa terra.
A politica está chea de ponzoña que impide ver o verdadeiro problema estructural (politico e económico).
Que falen os que si entenden do monte (forestais, biólogos, etc...)
O meu apoio ao manifesto.
Xulia Pazos Adán
Vilagarcía.
Tedes razón, a desgracia é que con tanto fume non vemos o lume nin as súas causas.
Tamén estiven en Santiago o domingo, e botei de menos a todos aqueles que durante décadas defenderon o monte galego.
O de "Nunca Máis" xa cheira, a ver se chega o dia que poidamos facer un movemento non contaminado de intereses mezquinos.
Arturo Estevez apunta ben.
David Sueiro
Baiona.
nosa adhesion ao manifesto
Suso Mariño e Adela Ferro
Apoio o Manifesto
Manuel Paz
Vigo
apoio o manifesto
LUME OS ESPECULADORES LUME O CAPITAL
Apoio o manifesto. Estamos fartos de caciques e de caciquiños.
O do domingo de "nunca máis bis" dirixido por Bieito Lobeira, foi unha bulra ós que estivemos na manifestación.
Así está o país.
Luís Ansía Brea
Padrón.
Apoio o manifesto.
Non vexo referencias á el, noutros sitios, suxiro que habería que espallalo máis. Habería que melloralo pero é do pouco que se aproveita, na riada de desinformación posterior aos incendios.
Agora como manda o BNG e PSOE to está ben feito.
José Manuel Aguín- O Grove.
Apoio o manifesto.
Hai que parar o lume, non con payasadas e percurando as causas historicas deste aldraxe.
Ramon Cid. Santiago de Compostela.
Asino o manifesto
Lola Pardavila
Redondela
Meu apoio ao Manifesto contra o fume.
Candido Villar Rodriguez
Chapela-Redondela
Apoio o manifesto
Xulio Muiños
A Coruña
Apoiamos Manifesto
JOSEFA DEL RIO
CARLOS PATO
JOSEFINA VERDURA
ESTRELLA RODAS
PILI FREIJEIRO
ANGELINA BOUZON
Delegadas/o sindicais de PESCANOVA-CHAPELA,S.A.
Mi apoyo al Manifiesto
Carlos Santomé
Moaña
D.Sindical CCOO
Asino e apoio o manifesto
Uxía Fernández Saa
Ordes
Apoio o manifesto
Pablo Rodriguez
Pontevedra
Apoyo el manifiesto
Clara Maneiros
Ferrol
Contade co meu apoio
Xurxo Paredes
Xubilado-Cangas.
Apoio o manifesto.
Sería bo que nos comprometéramos na creación dalgunha plataforma estable, para defender Galicia e defender o medio natural.
Esta plataforma tería que ter pilares sólidos non suxeitos ao oportunismo político e que tivera capacidade de ilusionar a xente.Se non é así, sería outro Nunca Maís, un xoguete do Bloco que acabou co espranza de miles de personas que no seu día, nos movemos diante a catástrode do Prestige.
En liñas xerales estou dacordo co que se defende no manifesto, pero entendo que o traballo do futuro ademáis de axuntar xente que lle queira de verdade a este cacho de Finisterrae, habería que dotalo daqueles que si saben do monte e da natureza sen estar supeditados ao perverso diñeiro. Adiante.
Xosé R. Prieto Pastoriza
Oleiros
non apoio o manifesto, por sectario e parcial.
o monte non é unha extensión do agro, visión que se quer dar dende o manifesto.
http://blogcampesino.blogspot.com/2006/08/o-monte-non-unha-extension-do-agro.html
Apoio o manifesto.
Entereime del, por un compañeiro da CUT da miña empresa.
Habería que difundilo máis. O que está ocurrindo en Galicia non ten nome. E o máis triste é que hai que decir que chove.
Elena Cao Simón.
Porriño
Ao compañeiro campesiño:
O monte non é unha extensión do agro no sentido mecánico, nin siquera físico.
Calquera visión avanzada sobre a discusión que vostede introduce, direille que habería que abordala desde un punto de vista múltiple: sociolóxico, económico e desgraciadamente tamén político.
O monte tal como é hoxe, boscos autótonos inclusive, son superficies evolucionadas pola man do home en miles de anos, tamén a súa biodiversidade.
Agora ben, ¿non me dirá que a evolución desde a talas masivas dos séculos pasados, ten algo que ver coa "evolución" dos últimos cincoenta anos?
O manifesto a min tamén me parece parcial, non o digo no senso negativo, hai cousas que faltan e que teñen que ver co quedebera de ser unha verdadeira alternativa estratéxica para o monte e o agro.
O que non me parece é sectario, na medida en que podemos opinar e aportar sen esclusións, sen depender de visións mesiánicas.
Apoio este manifesto e todos aqueles que aporten luz, nesta longa noite de fume.
Anton P. Riobó.
Narón.
Apoiamos o Manifesto "Galicia contra o fume"
Xosé Antonio Soaxe
Encarna Cordeiro
Cangas (Pontevedra)
apoio o Manifesto,
Iria Gómez.
Saiar, Caldas de Reis
-Galiza-
Resposta breve á persona que asina como campesiño:
Benquerido compañeiro/os:
Está claro que o presente manifesto non é nin moito menos unha tesis acabada, nin perfecta sobre unha alternativa ao monte galego e por extensión á problemática dos incendios forestais.
Estou dacordo co que manifesta Antón Riobó e direille máis: en Europa, por utilizar a referencia politicamente correcta, os gobernos tanto de dereitas como de esquerda que realmente lle preocupa o tema, teñen adoptado medidas fai moitísimos anos, para garantir a presencia humana e poboacional que garanta o equilibrio da floresta. Tales medidas chegan a subvencionar o simple feito de vivir en tal ou cal lugar, desgravacións fiscais, etc.
Por outra parte non teño coñecemento da práctica do monocultivo forestal, maís alá da zona das Landas (Francia) e na Escandinavia.
De calquera maneira, o manifesto xa é importante polo feito de que poidamos intercambiar ideas.
É un pracer saudarlle.
Suso Masenlle Villar
A Riouxa (Teis) Vigo.
Miña adhesion ao manifesto.
Xerardo Barreiro.
Ourense
Comunico a miña adhesion o manifesto.
Fernando Rey Mariño
Culleredo
Apoio o manifesto, aínda sendo parcial. É demasiado coxuntural.
Alfonso Seixo Abal
Vigo.
Adhirome o manifesto.
Manuel Castro
Ferrol
Apoio o Manifesto "Galicia contra o fume"
Cati Martínez Collazo.
Delegada sindical Almacenes Gran Vigo
VIGO
Case estou dacordo na totalidade do manifesto, polo tanto o apoio.
Darío Portela
Moraña (Pontevedra)
Canto habería que falar, da actual política forestal e laboral cos forestais. Millor non falar, agora impúxose a fantasmada do bonbeiro de New York.
Apoio o manifesto.
Ricardo Sotelo (C.Forestal)
Silleda.
Apoio o manifesto pero, con perdón; faltan algunhas cousiñas.
Sabela Iglesias Piñeiro
Santiago
Miña asinatura para o manifesto.
¿Non pensades que co lume apagado, apagouse a demanda social?
Un saudo desde A Coruña
Henrique Souto.
O Grupo Ecoloxista Trasouto, apoia o Manifesto.
Arousa, 29 de agosto 2006.
Ó compa que di, que en Rianxo sementan herba:
Non confundamos o voluntarismo co que hai que facer, quixera saber que herba están sementando. A ver se o final alguén se forra ca venda de semente.
Ademáis o cespede de campo de golf sería outra ruína engadidad, a dos incendios.
Un saudo e apoio o manifesto.
Xulio Vila
Forcarei
Apoio o manifesto.
Como resposta política ao momento, habería que, a partires del, tratar de melloralo e tratar de dar unha saída ou alternativa máis sólida o noso monte.
un saudo. Domingos Freire. Sada
Apoio a opinión verquida no manifesto, pero tamén apoio o que di Domingo Freire, hai que ir máis alá. Mirade; pasamos da saturación informativa da telegaita ó ocaso informativo.
Fai falla iniciativas que salgan do oportunismo. A Galicia estanna asasiñando.
X.Xosé Raido
Santiago
meu apoio ao manifesto.
estou dacordo que hai moito fume de desinformacion.
tedes razón, están matando a nosa terra.
Eugenio Cancelas Pérez
Vigo.
Apoyo el manifiesto.
La madera de pino y eucalipto es una gancia fabulosa para cuatro. La madera y frutos de: castaño, fresno, cerezo, abedul, roble, aliso,nogal,... también sería fabulosa, pero para muchos.
Son las reglas del capitalismo salvaje.
Un bobo anticuado de Ferrol.
Noso apoio ao manifesto.
Rosa González Blanco
Xosé Cuñarro Salgado
Antón Pazó Fandiño
Luísa Parada Barreiro.
Pontareas.
Adhirome ao manifesto
Xaime González
Cambados
Facía falla unha pouca claridade entra tanto fume. Sen dúbida, este manifesto vai decididamente cara a esa luz difusa. Agardemos que os responsabeis tomen as decisións de troco para os que lles votamos a eles e botamos ós outros. Por unha nova concepción dos nosos montes e da súa xestión, adhírome ó manifesto.
Marcos Caruncho
Fotógrafo da Natureza.
Apoio o Manifesto.
Pero que non quede nunha iniciativa aillada. O que leva pasando nos montes de Galiza nos derradeiros 25 anos, é peor, moito peor que a catástrofe do Prestige...
Miro Abade Lois
Betanzos
Nosa adhesión o manifesto, basta xa de maquillaxes na política forestal.
Sabela Gil, Iago Fernández, Xosé Pintos, Pepa Miranda e Manoli Paz.
Vigo.
Meu apoio ao manifesto.
Uxío García
militante ecoloxísta
Ortigueira
Contade co meu apoio.
Cando veña o inverno, non haberá quen fale do tema.
Estamos ás portas dun novo negocio co diñeiro público ca coartada dos incendios forestais.
Celso Vigo Jardón.
Cedeira
Apoio o manifesto.
Fran Torres. Biólogo
Ourense
Inda se queda corto o manifesto contra o fume.
Estamos fartos de ser unha colonia.
Guillermo Barbosa
Ourense
Adhírome ó Manifesto.
José Campos (C.Forestal)
Nigrán.
Apoiamos o manifesto. Sen chegar a posicións "apolíticas" que sempre se corresponden con posicións "políticas de dereitas", hai que recoñecer que os que se adican a ela profesionalmente, teñen que deixar aos profesionais forestais traballar.
Xesús Chao
Lino Tenreiro Peña
Pontedeume
O manifesto está ben , pero hai que unir, a política forestal do actual Goberno da Xunta, non é a máis axeitada, pero entendo que millorou o oscurantismo anterior.
Arturo Cons. militante nacionalista.
Vigo
Apoio o manifesto
Juan Soto
Pontevedra
A CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES (CUT) por acordo do seu Secretariado Nacional celebrado o día 5 de setembreo, acorda expresar o seu apoio ao Manifesto, "Galicia contra o fume".
Compostela, 7 de setembro de 2006.
Apoio o manifesto
Daniel Calvar
Delegado sindical Frigodís,S.A.
Vigo
Adhírome ao manifesto.
Temos que salvar Galicia.
Xosé Villar Agulla
Bueu.
Apoio o manifesto.
Ramón Marcos.
Delegado sindical AUXINAVAL
vigo
meu apoio o manifesto
Vanesa Vaz Couto
Val Miñor.
Estoy de acuerdo con lo planteado en vuestro manifiesto.
A raíz de la catástrofe se ha hablado de todo menos de las raices del problema.
Estoy de acuerdo aunque haya que buscar soluciones coyunturales que el problema es estructural inherente al nefasto modelo que nos han impuesto.
Os tarnsmito mi apoyo.
Santiago V.Mejuto
I.Agrícola (A Coruña)
Apoio o manifesto.
¡¡Adiante!!
Sara Fernández (Monforte)
Saúdo ó manifesto. Envíovos o meu apoio.
Xan Leiro Brea
Ribadeo.
Adhírome ao manifesto.
En liñas xerais estou dacordo pero, hai moito que debatir no senso non soio de identificar as causas, senón de lograr unha saída a esta morte paulatina da Nosa Terra.
Como reflexión de partida, considérono válido pero habería que ir máis ala.
Suxiro se é posible e hai vontade convertir este espacio nun foro de debate, que finalmente saque conclusións.
T.Maceiras
Corcubión.
Apoio o manifesto.
Se os que temos o mínimo de conciencia sobre o medio ambiente, non intervimos, para os que teñen a chave política da decisión, interveñan, a catástrofe que asolou Galiza, quedará unha vez máis en nada.
Apertas.
Balbino Raña. A Cañiza.
Saudos e apoio ó manifesto.
Pero non cair na inxenuidade de pretender unha nova política forestal, sen un novo marco político.
Pregúntadello a Ence,Caixanova, Caixagalicia, Finsa,...
Esto non é casual, é a programación concienzuda de todo un sistema económico, onde o sector primario é relegado a nada.
Mascato.
Cedeira, (A COruña)
Adhírome o manifesto.
Antón Salgado Pato (m.ecoloxista)
Vigo
Apoio o Manifesto.
Teñen razón os que din, que pasado o día, pasa a romaría...
Xa ninguén fala da catástrofe e o pior está por vir. Co incendio da fábrica-bomba de Caldas de Reis, xa botaron máis fume.
Dende Cee. Miguel Lado
Noso apoio ao Manifesto "Galicia contra o fume".
Ramón Bouzo, Sabela Piñeiro,Chon Broullón, Matias Lages e Simón González.
Bergantiños.
Apoio o manifesto.
Ernesto Alfaya Barros
Mos (Pontevedra)
Apoiamos o manifesto.
Serxio Pereiro
Xela Refojos
CUVI. Vigo
¿Onde está a gran conspiración incendiaria?
¿Xa toparon o nexo de unión dos incendiarios detidos?
¿Cantos viveiros de especies forestais autótonas hai no país?
Como sempre....
Apoio o manifesto
Un galego sen esperanza.
Muros.
Para o amigo de Muros:
Non se pode perder a esperanza. A traxedia incendiaria non se pode enmascarar, pero sempre vale a pena loitar.
Adhírome ó manifesto.
Eva Silva Sendón.
A Coruña.
Meu apoio para o Manifesto
María Elena Loira
Pontevedra
Adhírome ó manifesto.O triste é que a sociedade civil, a de verdade, non estamos pintando nada neste asunto trascendental para nosa nación.
Nin "Nunca Mís", nin o "SOS-PP" son alternativa capaz para construir un proxecto serio de rexeneración do noso monte.
De todas as maneiras; adiante...
Henrique Lorenzo Jiménez.
Elviña- A Coruña.
Apoio o manifesto.
Victor Cortizo
O Barco
Un saudo e meu apoio.
Agapito Caride
Vigo
Estou dacordo co manifesto.
Mª.Rosa Valle
A Coruña.
Estou dacordo co manifesto. Chegaron as chubas e ninguén dos politicamente correctos se acorda da Galiza queimada.
Entereime tarde deste blog, penso que hai cousiñas que se din, ben interesantes.
Oxalá nos animáramos a profundizarar no que algún participante chamou, paréceme; alternativa estratéxica para o monte galego.
Un saudo desde Noia.
Paco Romero Pimentel.
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Post a Comment
<< Home